Acerca da seguridade persoal en Os meus lugares
Acerca da seguridade persoal en Os meus lugares
Consellos para axudarche a manter a seguridade ao crear lugares con Mapas de Bing. O nenos menores de 13 anos non deben crear lugares.
Os lugares públicos poden buscarse e aparecen como resultados achegados por usuarios. Se fas privada unha lista de lugares, estes non se poderán buscar, pero poderás compartir o enderezo web. Xa que os lugares públicos están dispoñibles para todo o mundo na internet, ten coidado á hora de gardalos.
Le o Código de conduta de Windows para asegurarte de que segues as directrices. O nenos menores de 13 anos non deben crear lugares.
Utiliza o sentido común e os seguintes consellos para estar seguro:
-
Pensa sempre na túa seguridade: non fagas pública ningunha información que non che gustaría que lera un estraño. Tamén debes pensar na seguridade da túa familia e amigos.
-
Protexe a túa identidade: non inclúas o teu nome real, o nome do teu colexio ou equipo, onde traballas ou calquera outra información que poda identificarte persoalmente.
-
Protexe o enderezo da túa casa: non lle digas a xente que non coñeces onde vives.
-
Non fagas público o teu horario persoal: non deixes que xente que non coñeces saiba cando vas a estar só na casa.
-
Examina as túas fotos: asegúrate de que as túas fotos non conteñen números da túa casa, matrículas ou outros datos identificativos.
-
Comprobar datos ocultos: asegúrate de que os metadatos ou propiedades das túas fotos non conteñen información que podería utilizarse para identificarte persoalmente.
-
Comproba as túas ligazóns: non inclúas ligazóns a sitios web ou blogs que conteñan información que poida identificarte.
-
Axuda á xente a protexerse: non inclúas nin ligues ningunha información de identificación de ninguén e non deixes que outros inclúan nin liguen información persoal túa.
Algunhas das características e funcionalidades que se describen aquí pode que non estean dispoñibles no teu país ou rexión.
Temas relacionados
Realizar un seguimento do que atopas
Enviar comentarios ou notificar un asunto